11 de septiembre de 2011

Saída 11 S e próximos eventos da P. C. Corredoira

Hoxe, 11 de setembro volvemos de novo as andadas os Corredoira. A ruta de hoxe foi light para ir collendo o ritmo competitivo da tempada e para baixar algún que outro Kg de máis mentras tomábamos o sol. En fin deixovos o enlace a wikiloc e coméntovos a continuación o planning de rutas para a vindeira semana:



Deixovos as fotos de hoxe:



En canto ó parte de incidencias sólo temos que salientar unha rotura de cadena.... nooooooooooooooooooonnnnnnnn non foi miña foi de Pablo.


Total que a próxima semana falouse da posibilidade de subir ó pianista. Pero que conste que, a próxima semana é a "2ª manifestación en contra do parque eólico no monte Galiñeiro" así que haberá que dar unha volta por alí tamén.

Vendo un pouco máis cara o horizonte o domingo 25 de setembro está proposto baixar a Vigo e ir a manifestación "Móvete sen CO2" promovida por "A golpe de Pedal" e que promove o uso da bicicleta como medio de transporte dentro das cidades e a obligada promoción por parte de TÓDOLOS ESTAMENTOS PÚBLICOS SEXAN DA COR POLÍTICA QUE SEXAN. A manifestación comeza ás 11:00 no parque de Castrelos co que a idea é saír da de Candu como normalmente as 9 e chegar a Castelos sobre as 11. Posteriormente tralo recorrido por Vigo volveremos a de Candu. Deixovos o cartel da marcha:


En canto a saída de o Carballiño queda definitivamente e salvo sorpresa maiúscula para o día 2 de outubro. Vaise a ir o Carballiño e posteriormente tomaremos unha pulpada na pulpería dun dos nosos patrocinadores. ;)

Ah bueno e algo de autobombo para rematar. Deixovos un vídeo da "Ruta do Danubio" para que algún ano destes vos animades:

11 de septiembre de 2011 Por Anónimo con 1 comentario

1 comentarios:

No van las fotos :D

Bueno, a ver si el próximo domingo me reincorporo yo.

Publicar un comentario

Escribe aquí cualquier comentario que quieras hacer. Si dejas un nombre mejor que mejor.

Entradas populares

  • Popular
  • Categorías
  • Archivo