O
vindeiro 6 de novembro de 2011, o club ciclista budiñobike-canteiros
organiza o I Rally BTT Faro de Budiño. Este tipo de probas é de moi
recente creación polo que pensamos que é unha nova interesante para os
amantes da bici de montaña da nosa comunidade.
Neste
Rally BTT estableceremos premios para os tres primeiros clasificados,
para a primeira muller e para o primeiro participante maior de 40 anos e
soamente poderán participar os ciclistas que estean en posesión de
licencia federativa.
Esta
competición seguirá o esquema clásico dun Rally de coches, con parque
pechado, verificacións administrativas e técnicas, treito de test,
recoñecemento dos treitos, parque de asistencias e tres treitos
cronometrados a dobre pasada.
Os
treitos cronometrados estarán situados na ladeira do Faro de Budiño,
terán unha dificultade media e a proba en cada un deles terá unha
duración de entre 10 e 15 minutos (3-4 Km). Entre cada dous treitos
cronometrados haberá un treito de enlace que se utilizará para o
descanso dos participantes cunha duración aproximada de 10 minutos,
dependendo do tempo invertido no treito cronometrado inmediatamente
anterior.
O
prezo de inscrición para esta proba é de 10 euros a ingresar na conta
2100-4370-52-0200028834 a nome da A.D. A Forna, na oficina de La Caixa
da Rúa Antonio Palacios 53, O Porriño , indicando na casilla concepto o
nome, apelidos e DNI do participante.
O
número máximo de participantes será de 150 e o prazo para a inscrición
termina o xoves 3 de Novembro ás 15:00, tendo que facerse esta en liña
no enderezo web:
Neste enderezo irá aparecendo toda a información sobre o Rally.
Cronograma previsto da proba:
08:00 a 09:00 Verificacións administrativas (Entrega de dorsais e documentación).
Local da A.C. A Forna. (42º07'07.75'' N; 8º36'22.61'' O)
08:30 a 09:00 Tramo de test.
09:00 a 9:45 Recoñecemento dos tramos cronometrados.
09:50 a 10:15 Verificacións técnicas.
10:00 Entrada 1º participante en parque pechado.
10:45 Saída do primeiro participante no tramo A1.
11:10 Saída do primeiro participante no tramo B1.
11:30 Saída do primeiro participante no tramo C1.
11:45 Parque de asistencias (avituallamento e posta a punto).
12:10 Saída do primeiro participante no tramo A2.
12:35 Saída do primeiro participante no tramo B2.
12:55 Saída do primeiro participante no tramo C2.
13:10 Parque de asistencias.
13:30 Parque pechado.
14:00 Publicación de resultados e entrega de premios na A.C. A Forna.
2 comentarios:
Pois eu voulle mandar, xa está pagado así que a broucar
Pues mucha suerte!
Anónimo??
Publicar un comentario
Escribe aquí cualquier comentario que quieras hacer. Si dejas un nombre mejor que mejor.