22 de marzo de 2011

Masa crítica Vigo. Venres 25, Instituto Santa Irene 20:00

Ignorados, vapuleados, insultados, denigrados. Así é como moitas veces nos sentimos os usuarios dunha bicicleta á hora de atrevernos a saír das nosas casas. Parece que nesta sociedade as normas de circulación van en proporción ó grao de degradación do medio ambiente que poidas producir. Se es un coche, liberdade total, e a escala irase reducindo ata que chegue a nós, os ciclistas, que vivimos coa lingua mordida e cos pulmóns cheos de polución de vehículos que non só non nos respectan senón que nos retan a unha carreira de aceleración en 100 metros antes de desaparecer trala seguinte curva. Cantas veces non temos oído por un lado os insultos dos viandantes por intentar avanzar por unha beirarrúa cun coidado exquisito e cantos claxóns non nos teñen soado nas nosas orellas polo mero feito de tratar de buscar un arcén libre polo cal transitar. Cantas veces non temos oído as promesas de infinitos carrís bici que quedan en nada ou se converten en paseos para viandantes.

Por todos estes motivos ou polo mero feito de disfrutar e de esixir o noso dereito a utilizar a bicicleta na nosa vida cotiá como un medio de transporte máis, esperámosvos na "Masa Crítica de Vigo" o venres 25 no instituto Santa Irene, ás 20:00.

AVISO: Falta de asistencia non convalidable.

22 de marzo de 2011 Por Anónimo con No comments

0 comentarios:

Publicar un comentario

Escribe aquí cualquier comentario que quieras hacer. Si dejas un nombre mejor que mejor.

Entradas populares

  • Popular
  • Categorías
  • Archivo