A pesares do madrugón producido polo cambio de horario e baixo vento, choiva e frío cinco corredoiras desafiamos os elementos para enfrentarnos e obter o perfil do que será a marcha de Mos do ano 2011. Xa vos avisamos a todos aqueles que queirades participar de que a pesares de ser unha marcha de tan so 30 km atópase bastante lonxe de ser un paseo. As "trialeras" están garantizadas e as emocións fortes tamén, todo iso regado cunhas vistas espectaculares do entorno. Así que xa sabedes o 12 de xuño non hai comida familiar posible que vos poida impedir vir a sufrir con nós.
Deixámosvos unhas fotos e o perfil da ruta para ir abrindo boca:
Vistas (foto mellorable):
Perfil da ruta:
Como anécdota do día podemos dicir que teño que intentar sacar tempo para entrenar máis porque dous baixóns tan acusados en dúas semanas non se poden volver a repetir (a excusa desta vez é o madrugón).
Un vídeo da trialera máis fácil que ides a atopar na ruta (xa poremos algúns máis para que os aficionados o descenso preparen as máquinas). Como supoñemos que vos ides cair bastante durante os descensos puxemos o vídeo en horizontal para que vaiades collendo o punto de vista dende o chan (cuidado coas tortículis):
Detectar y eliminar malware con MSRT, la herramienta de Windows
-
Microsoft Software Removal Tool (MSRT) es una herramienta que tiene
Windows para buscar y eliminar malware manualmente.
Vamos a ver cómo utilizar l...
0 comentarios:
Publicar un comentario
Escribe aquí cualquier comentario que quieras hacer. Si dejas un nombre mejor que mejor.