17 de abril de 2011

Xa chegou a primavera.

Hoxe tocou facer unha ruta tranquila en tensión pero dura en canto o número de km.

Saída as 9:10 da casa de Candu (sí parece que se me volveron a pegar as sábanas) e comezamos collendo dirección ó monte Galleiro que bordeamos. A media subida atopámonos a un conxunto de ciclistas de roda lisa. De tódolos xeitos hai que dicir que ou non estaban en forma ou iban de paseo porque Killo quitoulles 30 segundos no cume.

Quixémolos invitar a vir con nos para que practicasen un pouco para as clásicas de pavé pero véndonos o forte que íbamos amedrentáronse. En canto ó resto da ruta nótase que a primavera chegou non só pola calor senón porque o que antes era barro agora está transformándose en pistas de terra nas que se levanta unha polvareda cada vez que pasamos. O final da mesma fíxose algo dura debido o intenso calor do mediodía. Si e que seguro que veñen os Andaluces que friten ovos nas carreteras e ríense de nós pero como somos "chicos del norte" nos movémonos mellor en terreno húmedo.

Deixovos a ruta seguida hoxe:



PD. Qué ninguén se olvide de limpiar ben a cadena antes de volver a engrasala porque polvo+aceite=barro.;)

17 de abril de 2011 Por Anónimo con 1 comentario

1 comentarios:

Tengo que preparar yo un post con la ruta que hice el domingo pasado jeje :D

Publicar un comentario

Escribe aquí cualquier comentario que quieras hacer. Si dejas un nombre mejor que mejor.

Entradas populares

  • Popular
  • Categorías
  • Archivo